Best Boy

Bodegas Regina Viarum

30 Xullo, 2017 @ 14:00 h

Entrada libre

 

A banda liderada polos tudenses Ángel Sánchez e Lucas Fernández está a converterse nunha revelación na escena musical en Galicia tras as súas aparicións no Festival Sinsal, o Festival da Luz, o Atlantic Fest  ou compartendo cartel con The National e os portugueses The Gift no Festival Lapso Music Experience. Best Boy é o resultado de varios meses de traballo, e anos acumulando experiencias e vivencias. A través dos prismas do bluegrass, o funk clásico, o soul de Motown, o rock sureño ou o jazz, Best Boy edita o seu album “Cross The Border”, unha visión do mundo que nos tocou vivir provista da calma e serenidade que só concede a madurez.

http://bestboy.es/