Catamarán de Doade

No embarcadoiro de Doade atopamos o catamarán que, con titularidade da Deputación de Lugo, navega polo Sil nun percorrido que nos permite desfrutar dunha paisaxe poboada de vides, cultivadas en pendentes de gran desnivel, así como da zona máis escarpada e vertical do canón. Unha travesía ideal para converter o barco nun dos escenarios do 17º Ribeira Sacra.

http://reservas.rutasembalses.es/