Germán Díaz

Reitoral de Guindivós

30 Xullo, 2017 @ 12:00

Entradas

 

 

Germán Díaz leva anos amosando que a zanfona é un instrumento que se adecúa perfectamente á música contemporánea. Con resultados brillantes. Hai anos que cambiou a paisaxe de Castela pola de Galicia. A música vénlle de familia, con dúas avoas pianistas e un tío chamado Joaquín Díaz, posiblemente o etnógrafo e folclorista máis reputado da península. Nos últimos anos desenvolveu o extraordinario proxecto “Método cardiofónico”, no que introduce diferentes instrumentos de manivela, inspirándose nunha colección de vinilos con latexos de corazón. De Germán Díaz dixo o crítico de jazz Pablo Sanz, que é como o “Jimmi Hendrix da zanfona, ou o Miles Davis do noso folclore”.

https://www.germandiaz.net/

Domingo 30 xullo, 12:00. Aperitivo en concerto. Reitoral de Gundivós