Igrexa de San Xulián de Lobios

Exemplo de tardorománico na Ribeira Sacra, a Igrexa de San Xulián de Lobios, do século doce, de nave e ábside rectangular, ten tres portadas con arco de medio punto e capiteis decorados con motivos animais e vexetais. No seu interior, pinturas murais datadas nos séculos quince e dezaseis.

http://www.turismo.ribeirasacra.org