Miradoiro de Santiorxo

Un dos abraiantes miradoiros que atopamos na Ribeira Sacra é este que leva o nome do monte no que se atopa, en Sober, a máis de 530 metros de altura. Desde o miradoiro, experiméntase plenamente a abrupta paisaxe dos canóns do Sil.

http://turismo.ribeirasacra.org