Pardo

Miradoiro de Santiorxo

28 Xullo, 2017 @ 19:30 h

Entrada Libre

 

Néstor Pardo forma a súa primeira banda en 2004 con só dezanove anos. Lidéraa como cantante, guitarrista e compositor até 2009.

Tras pasar varios anos en Madrid, en 2013 decide comezar unha carreira en solitario tocando a súa propia música, deixando atrás todas as formacións e emprendendo así unha nova etapa, na que o músico fuxe de calquera etiqueta ou prexuízo. É aquí cando nace Pardo, que non tarda en ver publicado un primeiro disco, once cortes de composición propia e unha celebrada versión do “Everybody’s Talking” de Harry Nilson. “Siento no haber sido lo esperado” (2016) é o seu terceiro disco como Pardo.

https://www.pardoacoustic.com

Venres 28 xullo, 19:30. Concerto de benvida. Mirador de Santiorxo