The Wellgreen

Bodegas Algueira

29 Xullo, 2017 @ 17:00 h

 

 

Como unha xoia oculta da escena de Glasgow, emerxe The Wellgreen, un grupo adorado na súa cidade nacido ao redor de dous multiinstrumentistas: Marco Rea e Stuart Kidd. Admirada e reclamada por ilustres veciños como os Belle & Sebastian -Rea fai unha aparición na película “God save the girl” de Stuart Murdoch-, a banda propón unha viaxe musical deliciosamente retro, onde a psiquedelia e os xogos de voces dos seus compoñentes non conquistan o público, senón que fabrican seguidores fieis.

https://thewellgreen.bandcamp.com/

Sábado 29 xullo, 17:00.Bodegas Algueira